Poñemos luz sobre a titularidade dos distintos espazos escénicos nas sete cidades de Galicia para abrir unha reflexión sobre como isto inflúe na oferta de programación e a creación de públicos.
Non é algo que o público saiba e forma parte, máis ben, das interioridades do sector, pero a diversidade de fórmulas de xestión e a titularidade dos distintos teatros repartidos polas cidades galegas ten unha enorme incidencia nas programacións ás que pode acceder a cidadanía.
Concellos, deputacións, fundacións e empresas repártense a propiedade e a xestión dos espazos nos que é posible ir ver un espectáculo cada fin de semana.
A Coruña. Unha empresa do sector do xogo a cargo dos dous espazos de maior aforo.
Os catro grandes espazos da cidade están separados por non máis de quince minutos camiñando. O Concello da Coruña xestiona dous deles, o Teatro Colón e o Teatro Rosalía de Castro, aínda que a titularidade do primeiro é da Deputación da Coruña. O Grupo Comar, unha empresa do sector do xogo, ten a concesión, en cambio, dos dous auditorios de maior capacidade: o Pazo da Ópera e Palexco, que superan as mil localidades. Os distintos gobernos municipais teñen amosado a súa intención por recuperar o control do Pazo da Ópera, que non xestionan desde hai varias décadas.
Con aforos menores, os auditorios do Ágora e do Forum Metropolitano son propiedade do Concello, e Afundación ten tamén un pequeno espazo na súa sede no Obelisco onde son habituáis as programacións de monólogos.
O edificio de Palexco, no porto da Coruña. Foto: Aigi Boga
Ferrol. Na eterna eclipse do fenómeno Narón.
O Teatro Jofre é unha das xoias non só culturais, senón tamén arquitectónicas da cidade de Ferrol. De titularidade e xestión municipal, é un dos dous espazos nos que programa o Concello. O outro é o Auditorio Municipal, situado no barrio de Caranza, con ao redor de mil localidades e unhas instalacións case a estrear. Na comarca é máis ben o efecto Narón, unha localidade cunha riquísima actividade cultural organizada a través do Padroado da Cultura no Pazo da Cultura, o que compite en público coa cidade.
O Teatro Jofre de Ferrol. Foto: Aigi Boga
Lugo. E por fin, o Auditorio Fuxan os Ventos.
Despois de moitos anos agardando, a cidadanía luguesa estreou auditorio o pasado mes de decembro, nomeado como Auditorio Fuxan os Ventos. Na actualidade convive con outro espazo de titularidade municipal, o Gustavo Freire, antigo matadoiro no Parque de Milagrosa, con moitas limitacións pola altura da súa caixa.
Ourense. Jácome, a Deputación, e a política cultural.
Desde a chegada de Gonzalo Pérez Jácome á alcaldía de Ourense entre os profesionais da cultura da cidade das Burgas fálase máis de política que de cultura. O Concello xestiona o Auditorio Municipal, con capacidade para 900 espectadores, e restrinxe a programación a espectáculos que ofrecen certas garantías para colgar o cartel de “entradas esgotadas”. Da Deputación é o espazo máis emblemático, o Teatro Principal, na Rúa da Paz, a alternativa para outro tipo de propostas.
A sala principal do Auditorio Municipal de Ourense. Foto: Aigi Boga.
Santiago de Compostela. O efecto capitalidade aplicado á infraestrutura cultural.
Na capital de Galicia non faltan alternativas onde representar un espectáculo. É, con diferenza, a cidade con máis butacas dispoñibles en relación á súa poboación. O Concello xestiona o Auditorio de Galicia e o Teatro Principal; a Xunta de Galicia, o Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego, na Rúa Nova. A poucos metros, no Preguntoiro, está o Auditorio ABANCA, controlado por Afundación. Completan o mapa de escenarios composteláns o Pazo de Exposición e Congresos, en San Lázaro, e os distintos espazos -aínda que ningún apto para artes escénicas- na Cidade da Cultura.
O Teatro Principal está situado no casco histórico de Compostela. Foto: Aigi Boga.
Pontevedra. Tamén nisto no lugar exacto.
A cidade do Lérez conta cunha oferta de espazos axeitada para a demanda do público, con dous espazos municipais -o Pazo da Cultura e o Teatro Principal– e un privado, o auditorio da Sede de Afundación. Entre os tres suman case 2000 prazas.
Vigo. Escasa marxe para políticas culturais públicas.
Pasa, en cambio, en Vigo, que as administracións teñen pouca capacidade para impoñer a súa oferta de programación. De entre os tres grandes espazos o Concello só xestiona un deles, o de menor capacidade, o Auditorio Municipal. Adiántalle o Teatro Afundación -antigo Teatro García Barbón, xestionado pola obra social de ABANCA- e o Auditorio Mar de Vigo -o máis grande de Galicia, que xestiona unha empresa privada a través dunha concesión-. A Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia preparan a reapertura dun dos espazos máis emblemáticos, o Teatro Fraga, que compensará o déficit de infraestruturas culturais públicas na cidade.
A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra preparan a volta á actividade do Teatro Fraga.
‘Nada se sabe’ invítanos a cuestionar os prexuízos e a abordar a diversidade desde novas perspectivas, reflexionando sobre o que significa realmente a inclusión.
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Cookies técnicas
As cookies técnicas son imprescindibles para o funcionamento da web, serven entre outras cousas para saber en que idioma prefires ver a páxina ou se permitiches ou bloqueaches as cookies de terceiros.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de análise
Empregamos cookies de terceiros (Google Analytics) para medir e analizar estatisticamente o tráfico da web: as páxinas máis visitadas, a procedencia dos visitantes, etc. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.
Nomes das cookies de Google Analytics: _ga, _ga_<container_id>
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Cookies de publicidade
Empregamos cookies de terceiros (o servizo de newsletter Brevo, antes chamado Sendinblue, e as redes sociais de Meta: Facebook, Instagram e WhatsApp) para mellorar as nosas campañas publicitarias nesas plataformas, analizando o comportamento dos usuarios da web e compartíndoo con elas. Por exemplo, cando un usuario da web merca un produto da tenda online, esa venda pode quedar rexistrada e asociada a ese email tamén en Brevo e/ou Meta. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.