Autores

 Escriben en Táboas e pensan os contidos da revista.

Saúl Rivas

19 posts
Formeime en humanidades, aprendín deseño e fotografía e agora dedícome a escribir e desenvolver proxectos audiovisuais e de artes escénicas. A pía de libros por ler sempre é máis grande que a de libros lidos.

Amara Fontao

11 posts
En Primaria montei e dirixín un xornal na miña clase, só tivo dous números pero acabei estudando Xornalismo. Escribo e comunico cousas sobre teatro e arte en xeral, aínda que miña avoa non acaba de entender en que traballo.

Noelia Antelo

9 posts
De pequena quería ser xornalista, escribir historias ou imaxinalas. Con dezasete pensei que Comunicación Audiovisual soaba ben. E aló fun. As miñas afeccións son ir a concertos, devorar series e gozar co teatro. Así que definitivamente é unha sorte poder dedicarme á comunicación cultural.

Álvaro Pérez Becerra

1 posts
Produtor, entre Ainé e Undodez (e polo verán, no Castelo Conta). Por un tempo, presidente da Academia Galega do Audiovisual.

Colaboradores

Outros nomes que colaboran en Táboas a miúdo

Borja Casal

8 posts
Xornalista ou algo así. O seu deporte favorito é escoitar historias. Escribiu para medios como La Voz de Galicia ou a Revista Luzes e traballou para produtoras como Filmax. A mellor pregunta xa a fixo Luís Pimentel: "Non te decatas de que se moveu o silencio?".

Sofía García

5 posts
Formeime en Publicidade e Relacións Públicas e especialiceime en diversos campos. Hoxe teño a sorte de participar nun deles, compartindo as inquedanzas da creación cultural desta revista.

Claudia Torreira

5 posts
Un papel di que son publicista. Hai un tempo descubrín que podía conxugar a miña formación co meu interese por coñecer de preto os segredos dos proxectos culturais. Esa inquedanza é a que me trouxo ata aquí.

Melania Cruz

1 posts
Podémola ver no teatro, no cine e na televisión. Melania é unha das mellores actrices da súa xeración, gañadora dun Premio María Casares, tres Premios Mestre Mateo e o Premio Cultura Galega de Artes Escénicas no 2022.

Marta Otero Mayán

1 posts
Marta Otero é xornalista especializada en información local e social en La Opinión de A Coruña. Integrante do Comité de Redacción da Revista Luzes e autora de 'Mar Egeo. El día que ardió el mar'

Tone Martínez

1 posts
Actor, director e profesor de teatro, funda xunto con Alba Bermúdez a compañía Galeatro, especializada en público familiar. Tamén é o cundutor dos Contos de Castelo, as xornadas de tradición oral do Castelo Conta.

Nacho Carretero

1 posts
Escritor e xornalista, Nacho percorre o mundo na procura de novas historia e desenvolvo proxectos audiovisuais con Ailalelo. É o autor de 'Fariña' e 'En el Corredor de la Muerte'.

Lois Blanco

1 posts
Director e dramaturgo, Lois mantén unha intensa actividade paralela escribindo en diferentes medios sobre teatro e audiovisual. É tamén director do podcast 'Cultura a todas Luzes'.

Tito Asorey

1 posts
Compaxina dende o ano 2000 a súa dobre faceta como actor e director de escena, tratando de establecer unha retroalimentación o máis frutífera posible entre estes dous oficios.

José L. Prieto

1 posts
Autor e director teatral. Comezou na Escola de Teatro de Narón. É fundador de Caroza Teatro, actor, director, mestre e autor de moitas obras de carácter cómico coas que acadou dous Premios Max e dous María Casares.

Xosé Leis

1 posts
Actor, director e coach de actores, distribúe o seu traballo entre o teatro e o audiovisual. Fundador da compañía aAntena xunto con Bernardino Martínez, tamén é o director artístico do festival Escena Muller e codirixe con Gustavo del Río o Corufest.

Marta Lado

1 posts
Licenciada en arte dramática pola ESAD de Galicia, desenvolve a súa carreira como actriz no teatro, cinema e televisión desde o 2006. É tamén autora de 'A pita xefa', obra gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.

Imaxe e deseño

Aigi Boga

Retratista, fotógrafo de evento e editorial, Aigi ten un estilo moi recoñecible que prima a emoción do momento. Traballou para algunhas das marcas máis recoñecidas de Galicia e tamén en producións audiovisuais e para diferentes axencias publicitarias.

Jairo Iglesias

Director, cámara, editor e colorista, Jairo ten paixón polas viaxes e por contar historias. Dirixiu curtametraxes, publicidade e programas de televisión, polos que gañou dous premios Mestre Mateo a Mellor Realización.

Pilar Mera

Comezou como xornalista pero desde hai uns anos dedícase á "albanelería web": programa e maqueta páxinas web e proxectos dixitais para empresas de toda Galicia.