As Residencias Paraíso acollen en Compostela a Isabel do Diego con ‘Brutalismo’

Outros

Un concerto-escénico ideado para mostrarse ao público en espazos arquitectónicos singulares. É Brutalismo, o novo traballo de Isabel do Diego -alter ego do artista andaluz Juan Diego Calzada-, no que traballa desde principios de xuño na Cidade da Cultura e no Salón Teatro no marco das Residencias Paraíso.

Os límites do folclore do século XXI ou a permeabilidade da electrónica son algunhas das cuestións que trata este proxecto escénico e musical que será posible ver nunha mostra aberta o 20 de xuño no Salón Teatro, como peche a vinte días de investigación e creación.

As Residencias Paraíso, promovidas polo Colectivo RPM co financiamento da Xunta de Galicia, os concellos de Vimianzo, Carballo, Corcubión, Lugo, Ribadavia e a Fundación Cidade da Cultura, ofrecen desde o 2017 espazos de traballo a creadores do ámbito da danza e as artes vivas. Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Luísa Saraiva, Diego Anido, Andrea Quintana, Alejandra Balboa ou María Roja foron algúns dos colectivos e artistas participantes nas últimas edicións.

Artigos relacionados

Premios e públicos, en universos paralelos

Os datos do Observatorio da Cultura Galega sitúan o teatro galego nun lugar preocupante, ocupando as últimas posicións en canto a relevancia por debaixo de música, literatura, audiovisual e mesmo institucións culturais.