Danza no Claustro celebra a súa 12ª edición

Outros

Sete propostas terán lugar nos espazos do festival ao que se suma este ano A Casa Vella en Amiadoso, xunto aos habituais Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, Claustro de Santa María de Melón e Claustro do Mosteiro de Ribas de Sil en Nogueira de Ramuín.

Danza no Claustro é un proxecto da Plataforma Cultural SóLODOS. Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo. A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa singularidade… Un xeito diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través do baile, do movemento.

Esta 12ª edición de Danza no Claustro celebrarase os días 28 de xullo, 2, 3 e 4 de agosto ás 20:00h nas súas catro sedes:

O 28 de xullo, o ciclo estréase en A Casa Vella de Amiadoso, Allariz. Alí os protagonistas serán Fito Guevara e Nuria Sotelo & Clara Ferrão, xunto con Paulina Espinosa e Mariana Oliveira.

O programa dos días 2, 3 e 4 de agosto componse coas pezas de Paulina Espinosa e Mariana Oliveira, Álvaro Murillo, Patricia Hastewell e Noé Ferey, Diego Garrido, Daniel Rodríguez e as Xunquereteiras. Podes consultar toda a programación na web de Danza no Claustro.

Artigos relacionados