O festival que se celebra na Cidade da Cultura programará propostas durante estes días que van desde o teatro e a danza ata a performance.
A décima edición do festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do Cambio terá lugar entre este venres 3 e o domingo 5 de maio na Cidade da Cultura (Santiago). A programación para celebrar estes dez anos de vida inclúe unha selección de 13 espectáculos, dos cales 6 terán a súa estrea mundial, que buscan no seu conxunto ser “un latexo emocional que impulsa a busca da utopía e da liberdade, recupera o saber antigo e convida a abrazar o primario, rebusca na memoria e estira as posibilidades expresivas da linguaxe e da palabra, sexa esta escrita, falada ou expresada nos corpos”.
Os espectáculos e instalacións performativas que se poderán ver nos distintos espazos do Gaiás son os seguintes:
- Venres 3 de maio ás 13 horas (Museo Centro Gaiás, andar 0). Corpo que se fai imaxe, de António Gonçalvez da Costa.
- Venres 3 de maio ás 17 horas (Bosque de Galicia) e sábado 4 de maio ás 16.30 horas (Xardín do teatro). My Neighbor Sky, de Andrés Corcheiro e Oguri.
- Venres 3 de maio ás 18.15 horas (Sala Eisenman). Sed, de Raquel Ponce.
- Venres 3 de maio ás 19.45 horas (Edificio CINC). Millo Vello, de Ay, Cariño!
- Venres 3 de maio ás 21.15 horas (Museo Centro Gaiás). Manifesto, de Mateo Feijóo.
- Venres 3 de maio ás 21.15 horas (Museo Centro Gaiás). Calidoscopio, de Gallaecia Ensemble Barroco.
- Sábado 4 de maio ás 12 horas (pola Cidade da Cultura) e domingo 5 de maio ás 12 (polas rúas de Santiago). Rabaño Sinfónico, de Moon Ribas e Quim Girón.
- Sábado 4 de maio ás 16 horas (Museo Centro Gaiás). Língua Bífida, de Pedro Eiras e António Gonçalves.
- Sábado 4 de maio ás 17.30 horas (Galería de servizos). Blondi, de David Loira.
- Sábado 4 de maio ás 19.45 horas (Balconada do Salón Teatro de Santiago). Phōnē, de artistas procedentes do Teatrul Evreiesc de Romanía, do Stadttheater Bruneck de Italia e do Fibin – An Taibhdhearc de Irlanda.
- Sábado 4 de maio ás 22.45 horas (na Rúa Nova fronte ao Salón Teatro). Remix X: Unha década de escenas do cambio, de Yuraq Walla x Emilio Horyaans.
- Domingo 5 de maio ás 16 horas (Museo Centro Gaiás). Comando dramatúrxico, coordinado por Afonso Becerra.
- Domingo 5 de maio ás 18 horas (Museo Centro Gaiás). Dual, de Álvaro Murillo e Artomático.
- Domingo 5 de maio ás 19.30 horas (Edificio CINC). Let Sleeping Dogs Lie, de Laura Aris.
- Domingo 5 de maio ás 21 horas (Galería de servizos). Prusik, de La Instrusa.