Facelo ben

Outros

Unha sucesión de planos coa duración exacta, un currículo maquetado a conciencia, a corrección na escrita en whastsapp, e unha revista en papel. E que cada quen opine, porque calquera se atreve a falar hoxe sobre o que está ben e o que está mal.

Por máis que nos esforzamos para facer as cousas o mellor posible na cultura, sempre hai quen publica con grallas en español e quen non emprega o galego para facer cousas aquí. Que será peor…

Pero tamén están os que, convencidos, cuestionan as formas idóneas de comunicar e de chegar ao público. Máis alá da violencia do clickbait está toda unha xeración para a que un GIF pixelado non é un problema, e que prefire a Touriñán contándolle algo en dez segundos á cámara do seu móbil que un bo teaser.

Todo está en cuestión, e é entón cando aceptamos facer outro tipo de vídeos, recibir unhas liñas en vez de currículos, abreviar en whatsapp (ou ata sucumbir á ditadura dos audios), pero por suposto, renunciamos a deixar de publicar unha revista en papel.

É cultura, e trátase de facelo ben.

Artigos relacionados

O poder curandeiro da comedia

O teatro, en todas as súas formas e xéneros, é unha das expresións artísticas máis poderosas. A maxia que se produce sobre as táboas incluso pode mellorar a nosa saúda física e mental.