Xeografía dos teatros galegos. O teatro Jofre de Ferrol

Pano, tremoia e camerinos compoñen a xeografía dun teatro. 

Máis ou menos visibles para ollos do público determinan totalmente o seu espazo, xunto con outros como o patio de butacas, os palcos ou as imaxes que distinguen moitos dos seus teitos. Cada un ten a súa historia e por cada un pasaron centos (ou centos de centos) delas… e en Galicia non son poucos! 

Un deles é o Teatro Jofre de Ferrol, edificio modernista situado na altura do barrio da Madalena e inaugurado en 1892. 

Os seus tres pisos decorados ao estilo clasicista do século XIX  e a súa planta en forma de ferradura fan do salón ferrolán un dos máis destacados de todos cantos hai polo país adiante. 

As fotos son de Aigi Boga.

Outros

Artigos relacionados

Filoctetes sube ás táboas

‘Nada se sabe’ invítanos a cuestionar os prexuízos e a abordar a diversidade desde novas perspectivas, reflexionando sobre o que significa realmente a inclusión.