O festival portugués celébrase nas súas datas habituais, do 4 ao 18 de xullo en diferentes escenarios entre Almada e Lisboa. A esta edición acudirán creadores portugueses e europeos con propostas teatrais, de danza, malabarismo, cabaret e música.
Un ano máis, Táboas acudirá como medio invitado para cubrir a parte da programación do festival. O espectáculo Manuela Rey is in da house, dirixida por Fran Núñez e coproducida polo Centro Dramático Galego.
Almada volve un ano máis poñer a atención cultural fóra da omnipresente Lisboa. As creacións de Eduardo De Filippo, Peter Stein, Robert Wilson e Lucinda Childs marcaron os camiños do teatro e a danza contemporánea que percorremos nestes días. Esta nova edición do Festival de Almada achega diferentes propostas aliñadas con estes creadores.
Como vén sendo habitual, a sede principal do festival será o Teatro Joaquim Benite e o Palco grande da explandada da escola. Mais tamén haberá representacións no Centro Cultural de Belém, Escola D. António da Costa, Fórum Romeu Correia, Incrível Almadense e Academia Almadense. Entre as actividades complementarias, o festival renderá homenaxe á Barraca, unha das compañías históricas portuguesas, co gallo do 50 aniversario do 25 de Abril.
Haberá tamén espazo para a reflexión, a música e a conversa na explanada, onde as noites comezan a dar respiro á calor abafante do verán. Así mesmo, outras conferencias e instalacións complementan o programa paralelo do festival.
Táboas visitará un ano máis o festival, poñendo o foco na participación galega, representada polo espectáculo Manuela Rey is in da house, dirixido por Fran Núñez e coproducido polo Centro Dramático Galego. o Teatro Nacional Dona María II, o Teatro Nacional São João, Teatro do Noroeste e o Centro Dramático de Viana.