A compañía viguesa estrea o seu novo espectáculo familiar esta fin de semana na Sala Ártika. Destinado a público infantil, esta comedia musical introdúcenos na vida de Gaia, a tía Maruxa e Don Rosmón.
“Pum! Pum! Quen hai?” é unha obra vibrante e chea de cor que mergulla aos espectadores na vida na aldea onde cada día é un xogo. Gaia, a protagonista, guía ao público a través dos xogos e segredos das portas da súa vila. Cando aparecen novos veciños misteriosos a obra desvela unha serie de equívocos cómicos que destacan a importancia da aceptación e a diversidade. Esta produción, cun profundo arraigo cultural e un enfoque en temas sociais actuais, convida a rir e reflexionar a toda a familia.
Gaia, protagonista desta historia, desafía os misterios das portas veciñas para que a vila se enfonte aos seu medos. A través do humor e a comicidade, a obra lémbranos a importancia da aceptación e da diversidade. A compañía defina ‘Pum! Pum! Quen hai? como unha celebración da comunidade e da curiosidade.
A estrea terá lugar os días 25 e 26 de maio, ás 18.00 horas, na Sala Ártika de Vigo. As entradas están xa á venda na web da Ártica.