FIOT Carballo

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo é un dos máis importantes de Galicia. Conta cun programa diverso con vontade de chegar a todos os públicos. Foi recoñecido pola Fundación Contemporánea como a iniciativa cultural máis destacada de Galicia no 2022.

https://fiot.gal/

O FIOT mira ao presente desde o colapso

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo celebrará a súa 35ª edición do 23 de setembro ao 31 de outubro cunha programación que reúne 43 espectáculos, oito estreas absolutas e nove estreas en Galicia.