A xira de ‘Aquí Tou!’, o monólogo de Xosé A. Touriñán, remataba o pasado 12 de novembro cunha dobre función no Auditorio Gaivota de Palexco. Coas entradas esgotadas con días de antelación, o cómico cullerdense regresaba á Coruña un mes despois de encher outras dúas funcións no Teatro Colón.
Que Touriñán é un dos cómicos máis exitosos de Galicia non é algo que faga falta poñer por escrito a día de hoxe. Aínda así, o vivido este outono escapa a todos os rexistros. Con todo, destaca a súa magnífica sintonía co público coruñés. Na Coruña, Touriñán xoga na casa. “Isto é o máis parecido a xogar no Dépor que vou sentir na miña vida” foi o primeiro que dixo ao subir ao escenario de Palexco con 1.500 persoas aplaudindo nas butacas. En menos dun mes, o seu monólogo ‘Aquí Tou!’ encheu o Teatro Colón e o Auditorio de Palexco, xuntando case 5.000 espectadores. O mes de decembro volverá á casa xunto a David Perdomo con ‘Corentena’, un espectáculo cuxas catro funcións programadas no Teatro Colón esgotaron as entradas en menos dunha semana.
Logo dun novembro chuvioso, o sol respetou a festa. Foto: Aigi Boga
A tarde comezaba ben, cun bonito sol de outono sobre o porto. O reflexo das galerías do Parrote iluminaba unha escena na que, aos actores habituais das tardes coruñesas, sumábanselles as persoas que agardaban nos peiraos coruñeses. Aquelas ringleiras procesionaban cara as portas de Palexco para ver un espectáculo para o que moitos quedaran sen entradas na data anterior e outros tantos repetían a experiencia.
Un domingo non adoita ser o mellor día para programar espectáculos, certo, pero nesta ocasión non tivo máis repercusión que o feito de que a xente chegar cun pouco retraso á primeira función, prevista para as 17.00 h. “É cedo e a algún complicóuselle a sesta”, bromeaba Touri cos espectadores que entraban á sala cando xa estaba arrincando o show.
Touriñán preguntando aos rezagados se durmiran ben. Foto: Aigi Boga
‘Aquí Tou!’ é unha aproximación humorística á historia do propio Touriñán, como contaría el a súa vida a través da comedia. Vendo o show, comprobamos que o humor non é só salvavidas senón moitas veces o mellor mecanismo para explicar os misterios da vida e as dificultades que conleva crecer e habitar o mundo.
E é que este espectáculo naceu nos días pandémicos, naquela época que parece máis lonxana do que en realidade é, cando un auditorio cheo de xente disposta a rir non era posible. A primeira representación de ‘Aquí Tou!’ foi en liña. Un espectáculo realizado e pensado para ver desde a casa e rir xunto a un número moito menor de persoas no mellor dos casos.
Pasadas as restricións, Touriñán recuperou este monólogo no que resume unha vida de comedia, antes incluso de ser un profesional dela, en pouco máis dunha hora. E parece que é en aínda menos tempo! A historia comeza cun nacemento e remata cun funeral, como ‘O Padriño’, como as grandes sagas, como a vida. Neste 2023 ao que xa pouco lle queda, o cómico viaxou por Galicia enchendo auditorios e teatros con diferentes espectáculos, pero poucas veces se viu una cidade tan entregada a un humorista. Se a comedia coruñesa fose un equipo de fútbol, Touriñán sería o eterno capitán.
Formeime en humanidades, aprendín deseño e fotografía e agora dedícome a escribir e desenvolver proxectos audiovisuais e de artes escénicas. A pía de libros por ler sempre é máis grande que a de libros lidos.
A comedia de Xosé A. Touriñán e David Perdomo remata a súa primeira xira tras un percorrido marcado polos cheos, a improvisación e a resposta entusiasta do público .
O monólogo máis persoal de Xosé A. Touriñán, Aquí Tou!, despide a súa xira de outono en Ribeira o próximo 26 de decembro tras percorrer varias localidades galegas.
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Cookies técnicas
As cookies técnicas son imprescindibles para o funcionamento da web, serven entre outras cousas para saber en que idioma prefires ver a páxina ou se permitiches ou bloqueaches as cookies de terceiros.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de análise
Empregamos cookies de terceiros (Google Analytics) para medir e analizar estatisticamente o tráfico da web: as páxinas máis visitadas, a procedencia dos visitantes, etc. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.
Nomes das cookies de Google Analytics: _ga, _ga_<container_id>
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Cookies de publicidade
Empregamos cookies de terceiros (o servizo de newsletter Brevo, antes chamado Sendinblue, e as redes sociais de Meta: Facebook, Instagram e WhatsApp) para mellorar as nosas campañas publicitarias nesas plataformas, analizando o comportamento dos usuarios da web e compartíndoo con elas. Por exemplo, cando un usuario da web merca un produto da tenda online, esa venda pode quedar rexistrada e asociada a ese email tamén en Brevo e/ou Meta. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.