Fóra do drama #2 · Evaristo Calvo

Rematamos o ano cun dos actores máis recoñecidos polo público galego. O receptor do noso cuestionario fixo centos de personaxes no teatro, no cine e na televisión.

Evaristo Calvo (A Coruña, 1961) é actor, director, autor teatral e outras tantas cousas. Entre elas lector, amante das sobremesas e seguidor de rutinas. Comezou no teatro a mediados dos anos setenta e ten traballado en series de televisión como ‘Pratos Combinados’, ‘Mareas Vivas’ ou ‘Rapa’. Agora tocoulle contestar o cuestionario Fóra do drama

  1. A miña sobremesa favorita é… un arroz con leite, aínda que tamén che podería dicir queixo con marmelo ou coulant. A miña sobremesa favorita sempre é en plural: sobremesas.
  2. A rutina que máis odio é… ningunha porque son superfan das rutinas. Paréceme parvo odialas. Se as odias, déixaas.
  3. Unha obra que me impactou foi… ‘Alfanhuí’, de Rafael Sánchez Ferlosio.
  4. O meu nome favorito é… Iemanjá, a deusa do mar.
  5. A felicidade é para min… saber esquecer.
  6. Se non me dedicara a isto, sería… labrego.
  7. Dos meus inimigos quero… que aprecien a miña insignificancia.
  8. Hoxe levo nos petos… poucos cartos.
  9. Quero que reciba este cuestionario… Xoel Fernández.

Artigos relacionados