Fóra do drama

Cada mes, as e os protagonistas das nosas artes escénicas responden o noso particular cuestionario. A primeira enviámoslla a Lucía Veiga, o resto de participantes escóllenos elas e eles mesmos.

Fóra do drama #15 · Camila Bossa

Camila Bossa (Bogotá, 1973) ten unha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Destacou en series como Serramoura, Fariña e Matalobos, gañando con esta última dous Premios Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto. Sobre as táboas, Run Baby Run (Teatro Español) e Testosterona (Malasombra Producións), con Luis Iglesia, son os seus últimos traballos.

Fóra do drama #14 · María Tasende

María Tasende (Carballo, 1977) é actriz. Leva máis de vinte anos actuando en televisión, cine e teatro. Por razóns de traballo a súa vida pasa entre Madrid e Galicia, aínda que cando está fóra sempre quere volver.