A programación inclúe máis de 50 eventos entre espectáculos teatrais, presentacións literarias e obradoiros e desenvolverase do 25 de xuño ao 8 de xullo.
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) cumpre 40 anos, converténdose neste 2023 na capital do teatro do 25 de xuño ao 8 de xullo. Un total de 14 días nos que a vila do Morrazo se enche de teatro de auditorio e de rúa, mais tamén de charlas, presentacións literarias e exposicións ao redor das artes escénicas e do humor.
Hoxe si!, de Sempre Arriba, é unha das estreas absolutas do teatro de rúa.
O programa da 40ª edición inclúe 5 estreas absolutas e 3 coproducións. As estreas absolutas da mostra son Entrega en man, de Contraproducións, unha comedia negra do dramaturgo inglés Martin McDonagh adaptada ao galego por Cándido Pazó; A mesa, da Escola de Teatro de Cangas, con texto de Clara Gayo, Zé Paredes e Carlos Santiago dirixido por Sonia Rúa; Hoxe si!, de Sempre Arriba, un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea e, sobre todo, moito humor; Glamping, de SU.MA, unha peza de teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown; e Menú do día, na que o colectivo #ChamizoBelloVila tece unha historia que compara odio e disidencia, tristeza e aceptación. A primeira creación deste colectivo transita entre as violencias que sofre o colectivo LGTBIQ+. Entrega en man e Menú do día son, ademais, coproducións da Mostra de Cangas xunto a ¿Qué es el agua?, unha peza de La Soledad (Cataluña-Arxentina) inspirada na obra do escritor David Foster Wallace que toma o mar como escenografía e como banda sonora. En Cangas, o espectáculo representarase no espazo da Lagoa da Congorza, en Punta Balea, un acto que servirá para reclamar a recuperación desta contorna.
Estreas en Galicia
A MITCFC ten programadas 4 estreas en Galicia. Unha delas é El avaro, unha obra do dramaturgo francés Molière que pon en escena a compañía andaluza Atalaya cun elenco de oito actores e actrices entre as que se atopa Carmen Gallardo. Tamén se verán por primeira vez na nosa comunidade In petto, unha creación na que a compañía belga Okidok redescubre o traballo dun dúo de pallasos non verbal; Contracciones, de Producciones Come y Calla (Madrid), protagonizada por Candela Peña e Pilar Castro e cunha temática que explora a invasión crecente das grandes compañías na intimidade dos seus empregados; e Camino del Paraíso, da compañía estremeña Guirigai Teatro, unha comedia satírica que reflexiona sobre as actitudes dos peregrinos a Santiago de Compostela nunha época de bruxerías e supersticións.
Contracciones é unha distopía laboral protagoniza por Candela Peña e Pilar Castro.
Torneo de dramaturxia
O Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha iniciativa pioneira da mostra que conta coa colaboración da asociación DramaturGA, consolídase na súa sétima edición como unha aposta firme da MITCFC para dar a coñecer a dramaturxia feita en Galicia, creando un nexo directo entre público e creadores.
Esther F. Carrodeguas, de ButacaZero, será a mestra de cerimonias dun combate escénico entre Deborah Vukusic (actriz, escritora e directora), Ana Abad de Larriva (actriz e creadora escénica), Manuel Cortés (dramaturgo e poeta) e J. L. Baños de Cos (docente teatral e dramaturgo). Os catro usarán a palabra, os ritmos, os conflitos, as accións e os silencios para conseguir o voto do público.
Recoñecementos a Tanxarina e Amelia Tiganus
O Premio Xiria ao Labor Teatral desta 40 edición da Mostra de Cangas é para a compañía galega Tanxarina, que este ano tamén celebra 40 anos de traxectoria artística. Con este galardón, a mostra recoñece a traxectoria comprometida co teatro de monicreques e de obxectos, que dignificaron e popularizaron cun traballo exquisito e en constante evolución.
O Premio Mulleres en Acción recae neste 2023 na escritora e activista feminista Amelia Tiganus, de quen a organización destaca a súa valentía, compromiso e determinación en combater a trata e a explotación sexual de mulleres e nenas.
De pequena quería ser xornalista, escribir historias ou imaxinalas. Con dezasete pensei que Comunicación Audiovisual soaba ben. E aló fun. As miñas afeccións son ir a concertos, devorar series e gozar co teatro. Así que definitivamente é unha sorte poder dedicarme á comunicación cultural.
Artigos relacionados
Non se atoparon resultados.
Axustes de cookies
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Cookies técnicas
As cookies técnicas son imprescindibles para o funcionamento da web, serven entre outras cousas para saber en que idioma prefires ver a páxina ou se permitiches ou bloqueaches as cookies de terceiros.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de terceiros
Para poder mellorar a túa experiencia na web e as nosas campañas publicitarias, empregamos os seguintes servizos de terceiros que poden instalar cookies no teu navegador. Podes permitir e bloquear estas cookies desde este panel.
Google Analytics. Permítenos analizar o tráfico da web, a orixe das visitas, as páxinas máis populares, etc.