A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas leva desde o 1984 sendo a referencia daqueles espectáculos co humor como sinal de identidade.
A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas encara a súa 43ª edición
A cita celebrarase entre o 21 de xuño e o 5 de xullo cunha programación que reunirá 24 espectáculos, múltiples estreas e compañías galegas, estatais e internacionais. Durante dúas semanas, a vila volverá converterse nun dos principais puntos de encontro das artes escénicas en Galicia.


