Comeza o ano e tamén as estreas. A Sala Ártika de Vigo acolleu os días 11 e 12 de xaneiro a estrea do novo traballo de Manuel Cortés. O último home é, nas súas propias palabras, unha “comedia poética”, pero tamén é unha posta en escena formidable, unha mostra de talento escénico e un exemplo de como propostas non convencionais poden encher salas de teatro.
Aínda é Nadal en Vigo e as avenidas iluminadas e cheas de xente sacando fotos con bonecos de xenxibre xigantes aportan unha sensación algo estraña, non distópica —o que viría moito mellor para a introdución deste texto— pero si de non ter arrincado o ano de todo. “Benvidos ao teatro”, di o cartel na entrada da Sala Ártika, benvidos tamén ao regreso da poesía ás taboas, podiamos engadir.
A Ártika quedou pequena para estrea do último traballo de Manuel Cortés. Foto: Aigi Boga
Había ganas no público de ver a nova proposta de Manuel Cortés, un creador incansable e un intérprete único, cunha capacidade para soster a escena pouco habitual. Coas butacas cheas, comeza a soar a música, apáganse as luces e comeza o que podemos ver como un recital moi divertido ou unha comedia moi lírica. Xunto a Cortés, a dj e produtora Russ vai mesturando en directo a música desta historia de como os humanos corremos cara á extición. Dúas butacas, unha tea e o apoio da iluminación e os audiovisuais completan a escena.
A escena é moi sobria visualmente, pero axiña o texto desmonta esa imaxe limpa e ordenada. Cortés pon diante de nós un cadro escuro do paso dos sapiens pola historia do universo. Todo é terrible, todo é apocalíptico e, por iso, todo é moi cómico. A traxedia cara a que viaxamos non pode ser vista doutra forma que con humor, rir de nós é inevitable porque poucas cousas máis ridículas que a humanidade foron concibidas.
Se alguén pensa que a poesía é aburrida é porque non viu o que está acontecendo nos últimos anos co rexurdir da lírica nos slam poetry e outras formas de levar os versos aos escenarios. En O último home, Manuel Cortés recupera o espíritu iconoclasta dos 90, cando unha xeración nova que gustaba da poesía rebelouse contra os modos decimonónicos dos recitais. O espectáculo ten algo de happening, ten moito de comedia e ten un empaquetado exquisito, cunha integración da técnica a favor do espectáculo que sempre é de agradecer.
Manuel Cortés e Russ nun momento da estrea de ‘O último home’. Foto: Aigi Boga
Dirixida por Borja Fernández, O último home é unha proposta de Manuel Cortés e Ainé que vén encher un oco na programación dos teatros e salas do país. O espectáculo conta coa música en directo de Russ, espazo escénico de Carlos Alonso, deseño de iluminación de Laura Iturralde, vestiario de Elena Cortés e audiovisuais de Samuel Cortés.
Logo da estrea na Ártika, O último home sairá de xira por toda Galicia. As datas anunciaránse nas próximas semanas. Mentres, podemos ir reflexionando sobre a nosa existencia. Ou rir de nós. Todo suma.
Formeime en humanidades, aprendín deseño e fotografía e agora dedícome a escribir e desenvolver proxectos audiovisuais e de artes escénicas. A pía de libros por ler sempre é máis grande que a de libros lidos.
A artista participa no programa impulsado polo Colectivo RPM para o traballo en proxectos de danza e artes vivas ata o 20 de xuño, cando ofrecerá unha mostra aberta ao público no Salón Teatro.
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Cookies técnicas
As cookies técnicas son imprescindibles para o funcionamento da web, serven entre outras cousas para saber en que idioma prefires ver a páxina ou se permitiches ou bloqueaches as cookies de terceiros.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de análise
Empregamos cookies de terceiros (Google Analytics) para medir e analizar estatisticamente o tráfico da web: as páxinas máis visitadas, a procedencia dos visitantes, etc. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.
Nomes das cookies de Google Analytics: _ga, _ga_<container_id>
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Cookies de publicidade
Empregamos cookies de terceiros (o servizo de newsletter Brevo, antes chamado Sendinblue, e as redes sociais de Meta: Facebook, Instagram e WhatsApp) para mellorar as nosas campañas publicitarias nesas plataformas, analizando o comportamento dos usuarios da web e compartíndoo con elas. Por exemplo, cando un usuario da web merca un produto da tenda online, esa venda pode quedar rexistrada e asociada a ese email tamén en Brevo e/ou Meta. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.