A Mostra deste ano celebrarase do 19 ao 27 de xullo e contará cunha proposta do colectivo Desgarradura e con ‘IRIBARNE’, entre outros espectáculos.
A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia vén de presentar os tres carteis que conforman o tríptico da que será a súa 40.ª edición e de adiantar parte da programación deste ano.
A principios de xullo será o recibimento dos artistas nas Residencias Paraíso da Igrexa da Madadelna, onde desenvolverán o seu proxecto para logo amosar o proceso no marco do festival. Este ano a proposta acollida será The miracle worker, unha creación do colectivo Desgarradura arredor dos conceptos de fogar, familiar, recordo e perdón.
O programa da Mostra, que se celebrará do 19 ao 27 de xullo, contará con espectáculos con IRIBARNE (un espectáculo que revisa a figura de Manuel Fraga coproducido por ButacaZero e o Centro Dramático Nacional), así como outros pendentes de anunciar.
En canto á liña gráfica, no tríptico desta edición buscouse reflictir a fusión e idea de linguaxes híbridas da escena a partir de imaxes de Rosiña Rojo, fotógrafa oficial do festival. Ademais, Patricia de Lorenzo, unha posta en escena de Marta Pazos ou unha escena de danza de La Macana compoñen a escolma do deseño gráfico desta edición, cuxo lema é 40 MIT, edición espello.