A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia é unha referencia das artes escénicas en Galicia. Nacida no 1984, a MIT xorde como continuadora das Mostras de Teatro Abrente, celebradas na localidade ourensá entre os anos 1973 e 1980.
A 42ª MIT Ribadavia acolle ‘COLAPSO’, un laboratorio escénico para a mocidade
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia incorpora na súa programación un laboratorio gratuíto de creación colectiva para mozas e mozos de 16 a 21 anos arredor da crise ecolóxica e o futuro do planeta.





