Fóra do drama #5 · Fernando Tato

Seguimos a voltas co noso cuestionario ‘Fóra do drama’ para coñecer máis e mellor algúns dos nomes do sector da interpretación e das artes escénicas galegas. Desta volta tocoulle ao polifacético naronés Fernando Tato, actor, músico e ilustrador a un tempo.

Fernando Tato (Narón, 1977) conta entre os seus traballos como actor con papeis en teatro, curtametraxes e series de televisión. Entre eles os de ‘Libro de familia’, ‘Matalobos’ ou ‘Romeo e Xulieta’. Tamén músico e ilustrador, Tato vén de compartir pantalla na serie ‘Ghuasapp’ con outros nomes do noso sector como María Mera, Xoel Fernández ou Marta Costa, quen lle pasou este ‘Fóra do drama’ que nos respondeu así…

  1. A miña sobremesa favorita é… coa xente que quero, pero non me gusta nada de nada o doce. Vou sempre directo ao café.
  1. A rutina que máis odio é… non podería dicir ningunha, as poucas que teño encántanme.
  1. Unha obra que me impactou foi… ‘Todos paxaros’ de Wadji Mouawad. É unha marabilla absoluta que trata o tema do conflito entre palestinos e israelís dun xeito alucinante.
  1. O meu nome favorito é… o do ou da protagonista do guión que estou a escribir en cada momento.
  1. A felicidade é para min… poder dedicarme ao que me gusta e poder vivir diso.
  1. Se non me dedicara a isto, sería… non hai universo alternativo onde non me dedique a isto.
  1. Dos meus inimigos quero… que sigan o seu camiño e que deixen de foder.
  1. Hoxe levo nos petos… a carteira e púas de guitarra.
  1. Quero que reciba este cuestionario… Pepo Suevos.

Artigos relacionados

Fóra do drama #15 · Camila Bossa

Camila Bossa (Bogotá, 1973) ten unha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Destacou en series como Serramoura, Fariña e Matalobos, gañando con esta última dous Premios Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto. Sobre as táboas, Run Baby Run (Teatro Español) e Testosterona (Malasombra Producións), con Luis Iglesia, son os seus últimos traballos.

Fóra do drama #14 · María Tasende

María Tasende (Carballo, 1977) é actriz. Leva máis de vinte anos actuando en televisión, cine e teatro. Por razóns de traballo a súa vida pasa entre Madrid e Galicia, aínda que cando está fóra sempre quere volver.