O noso cuestionario Fóra do drama segue a viaxar de man e man para dar a coñecer os nomes das nosas táboas. Desta volta chegoulle ao actor e humorista Pepo Suevos, quen recibe estas preguntas da man de Fernando Tato.
Pepo Suevos (Ferrol, 1971) é actor de teatro, cine e televisión. Entre os seus traballos figuran algúns en filmes ben coñecidos como Pradolongo, A Esmorga ou Quen a ferro mata. Ou programas como Tourilandia ou Land Rober. Tamén é un dos monologuistas que máis quilómetros leva percorridos en Galicia: poucos concellos haberá, se é que hai algún, onde non contara algún chiste. Agora tocoulle contestar o noso Fóra do drama…
- A miña sobremesa favorita é… pégolle a todos. Flan, tortas, arroz con leite. Sobre todo lácteos caseiros. E o xeado non falla nunca.
- A rutina que máis odio é… dobrar e recoller a roupa da colada.
- Unha obra que me impactou foi… ‘Incendios’, de Wadji Mouawad.
- O meu nome favorito é… Lucía, a miña filla.
- A felicidade é para min… que non me doia ningunha parte do corpo (poucas veces pasa).
- Se non me dedicara a isto, sería… avogado, que é moi parecido a isto. Moito conto e moito falar.
- Dos meus inimigos quero… non me consta que haxa, pero quero que mo digan á cara.
- Hoxe levo nos petos… a santísima trindade: móbil, cartos e chaves.
- Quero que reciba este cuestionario… María Roja.