Fóra do drama #8 · María Costas

Continuamos co noso cuestionario Fóra do drama para achegarnos ás voces das nosas táboas. Desta volta tocoulle á actriz María Costas, quen recibe estas nove preguntas da tamén actriz María Roja.

María Costas (Vigo, 1959) é actriz e cantante. Na pequena pantalla témola visto en series como Serramoura ou O Sabor das Margaridas, mais tamén no cinema en filmes como Dhogs, traballo polo que foi premiada cun Mestre Mateo. Sobre as táboas cóntanse espectáculos como Medida x Medida, A Cabeza do Dragón ou Galicia Caníbal, o musical. Agora tocoulle responder o noso Fóra do drama

  1. A miña sobremesa favorita é… calquera que leve mazá e canela. Unha mazá asada váleme, pero unha empanada de mazá xa me perde, aínda que non moi larpeira. Son máis salgada.
  1. A rutina que máis odio é… como Lucía Veiga, desmaquillar, tonificar e “potinguear”… abúrreme infinitamente.
  1. Unha obra que me impactou foi… ‘Olimpic Man’, de Els Joglars. Vina nos 80 en Castrelos (Vigo).
  1. O meu nome favorito é… Lola, o da miña nai e miña irmá.
  1. A felicidade é para min… sentir que fago o que debo facer, cando a obriga está clara e son consecuente sen que me pese a tarefa.
  1. Se non me dedicara a isto, sería… antropóloga, seguro.
  1. Dos meus inimigos quero… a oportunidade de coñecer as súas razóns para comprender.
  1. Hoxe levo nos petos… o móbil, bolsas para a caca do can, chaves…
  1. Quero que reciba este cuestionario… Humy Donado.

Artigos relacionados