Fóra do drama #9 · Humy Donado

O Fóra do drama deste mes chegoulle a Humy Donado da man de María Costas. A actriz contesta o noso cuestionario e déixanos a primeira coincidencia: neste caso, comparte con Pepo Suevos a obra que máis a impactou.

Humy Donado (Monforte de Lemos, 1969) é actriz. Nos últimos tempos vémola na televisión en series como Saudade de ti, A estiba, Serramoura ou Fariña, mais o primeiro de moitos papeis que viñeron depois foi no teatro, nunha montaxe escolar de Molière. Neste tempo de verán, onde os teatros están máis parados, protagoniza o noso Fóra do drama

  1. A miña sobremesa favorita é… unha charla eterna coa miña xente ao redor de calquera lambonada que leve chocolate.
  1. A rutina que máis odio é… noutro momento diría que madrugar pero duns meses pra aquí é ter que pinchar tódolos días o meu canciño a insulina. Dame tanta mágoa!!!
  1. Unha obra que me impactou foi… ‘Incendios’, de Wadji Mouawad coincido con Pepo Suevos. A obra é impactante, marabillosa. Unha traxedia estremecedora. Tiven a sorte de ver a montaxe de Mario Gas. Unha auténtica xoia.
  1. O meu nome favorito é… Hadaly. Unha canción de Radio Futura que me evoca grandes momentos.
  1. A felicidade é para min… que a miña xente estea ben, con saúde. A partir de aí, saborear calquera pequeno momento. Un abrazo, unhas risas, unha lambetada do meu can… pequeniñas cousas que nos alegran a vida.
  1. Se non me dedicara a isto, sería… profesora de historia. Transitar polo noso pasado siempre foi algo fascinante para min. Como os humanos do pasado moldearon o noso presente.
  1. Dos meus inimigos quero… Non sei se os teño. Pero de telos, quero saber o porqué, e se non hai solución… distancia.
  1. Hoxe levo nos petos… protección solar, unha barra de beizos e a correa de Messi, o meu canciño.
  1. Quero que reciba este cuestionario… César Cambeiro.

Artigos relacionados

Fóra do drama #15 · Camila Bossa

Camila Bossa (Bogotá, 1973) ten unha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Destacou en series como Serramoura, Fariña e Matalobos, gañando con esta última dous Premios Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto. Sobre as táboas, Run Baby Run (Teatro Español) e Testosterona (Malasombra Producións), con Luis Iglesia, son os seus últimos traballos.

Fóra do drama #14 · María Tasende

María Tasende (Carballo, 1977) é actriz. Leva máis de vinte anos actuando en televisión, cine e teatro. Por razóns de traballo a súa vida pasa entre Madrid e Galicia, aínda que cando está fóra sempre quere volver.