Agora que xa chegou a rutina, a volta ao cole do Corte Inglés, pensamos o verán coma un tempo sen rítmicas repeticións reiteradas. Pero nada máis lonxe da realidade. Non se trata de desmitificar os meses do sol, sinxelamente de entendelos como son. Para comezar, sempre chegan coa noite do San Xoán, á que lle seguen unha serie de tradicións persoais do máis variadas e cunha orde bastante exacta: as festas da vila, a viaxe a tal lugar, os xantares de praia, as festas da vila do lado, a churrascada familiar, o “veraneo” en tal sitio, a visita dos primos de fóra, as festas da vila do outro lado… O verán é un espazo ao que sempre retornamos, cando chega xuño ou mesmo cando se mira dende a fiestra da oficina o ceo de inverno. Se hai un punto do mapa concretísimo que sintetiza esta reviravolta, ese é Castelo, onde cada agosto, na última semana, volvemos á “festa que lle deu a volta á festa”.
Non fai falta sequera ter aló familia ou amizades para ir desfrutar do San Ramón máis especial dos que se celebran en Galicia; o Castelo Conta convídanos a todas e todos. Á pasada edición —a oitava xa que se celebra— tampouco podiamos faltar, iso si, co advertencia de que ao rematar son precisos uns días de repouso. Fai falta poñer o Google Maps, pero ao chegar sábese que aí é, pois a aldea natal de Xosé Antonio Touriñán viste de gala dende o Campo da Capela ata a última marquesiña de bus, abrindo as portas de par en par. E non de xeito metafórico, senón literal, porque incluso quen nunca puxo un pé nesta parroquia de Culleredo pode entrar na Eira do Ferrador, ao chegar a Xalo, ou na de López, en Castelo de Abaixo, para desfrutar con toda a veciñanza de concertos, espectáculos ou ata a estrea dunha curta.
A programación, en sintonía con todo o que compón o Castelo Conta, sorprende. A idea de festival trasládanos a concertos cun cabeza de cartel situado no top 50 de Spotify e a respirar purpurina, mentres que a de verbena lévanos á primeira fila da Panorama cunha botella de ron cola a temperatura ambiente. Nada disto. Este híbrido que se inventou a si mesmo ten dende un campamento infantil ou unha andaina musical ata o cumio do Xalo, ata un espectáculo de monológos co melloriño de cada casa ou sesións DJ a carón dun alpendre.
Coma sempre, as artes escénicas tiveron un papel central xunto á memoria oral, aínda que ambas sexan diferentes partes dunha mesma árbore, pólas e raíces. Ás mañás profesionais do mundo do teatro continuaban a aprender co obradoiro impartido por Noemi Fernández Fai o teu e, ás tardes, a cita era coa veciñanza máis veterá nos Contos de Castelo. Estes encontros para traer a vida do pasado á vida do presente son xa marca da casa do festival e, este ano, chegaron coa novidade de seren gravados en formato pódcast e foron presentados cada xornada por un convidado diferente. Polos micros desta efímera emisora rural pasaron Marga Pazos, Moncho Viña, Alfonso Hermida, Carlos Blanco, David Amor, Arturo Lezcano e Nacho Carretero, ademais dos habituais persoeiros que habitan Castelo como Maruja ou Elisardo.
Por suposto, tamén houbo espectáculos para a xente miúda máis para a grande, pero o evento central do festival, o momento máis agardado, foi o da tradicional Noite dos Monólogos. Cada sábado das festas de Castelo prodúcese un fenómeno paranormal digno de Cuarto Milenio: na rural parroquia de Culleredo dase a maior taxa de humoristas por número de habitantes de todo o globo terráqueo. Co propio Touriñán como presentador, desfilaron polo escenario da polideportiva Pepo Suevos, David Amor, Lucía Veiga, Marita Martínez, David Perdomo, Noemí Rodríguez, Javier Veiga, Patricia Castrillón, Federico Pérez e Rober Bodegas.
É excusado dicir que houbo música, moita e moi boa. Russ, a DJ residente, pasou lista todos os días, nos que artistas do máis diverso puxeron Castelo a bailar: Xabier Díaz, Susana Seivane, Belém Tajes, Familia Caamagno, Combo Viramundo, Muchachito One Man Band, Lamatumbá, Salamandra ou Son Boleros. Pero non só vimos espectáculos en directo, o audivisual tivo o seu lugar na programación, coa estrea de Bechos, a nova serie da Televisión de Galicia para primeiros espectadores, e Nena, unha curtametraxe protagonizada por Carlos Blanco, David Perdomo, Antía e Xosé Antonio Touriñán sobre coidados e responsabilidade emocional.
Todo atopa o seu lugar en Castelo. As cancións, os contos e os chistes, o público cativo e o vello, a tradición e a vangarda. Aquí está todo remexido porque non se entende de opostos pero sempre hai como complementarse. “Señora, que se quere bolsa”, pregúntame chegados a este punto da historia o lector que nunca por aló foi. Conto que quen si veu entende do que falo, ou, coas palabras de Lope de Vega despois do vermú do domingo, quien lo probó lo sabe. Ao Castelo Conta sempre volveremos.
En Primaria montei e dirixín un xornal na miña clase, só tivo dous números pero acabei estudando Xornalismo. Escribo e comunico cousas sobre teatro e arte en xeral, aínda que miña avoa non acaba de entender en que traballo.
Sumar público para o teatro galego é unha das grandes metas das nosas táboas. Repasamos a proposta do Castelo Conta para os espectadores primeirizos e para os que queren repetir.
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Cookies técnicas
As cookies técnicas son imprescindibles para o funcionamento da web, serven entre outras cousas para saber en que idioma prefires ver a páxina ou se permitiches ou bloqueaches as cookies de terceiros.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de análise
Empregamos cookies de terceiros (Google Analytics) para medir e analizar estatisticamente o tráfico da web: as páxinas máis visitadas, a procedencia dos visitantes, etc. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.
Nomes das cookies de Google Analytics: _ga, _ga_<container_id>
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Cookies de publicidade
Empregamos cookies de terceiros (o servizo de newsletter Brevo, antes chamado Sendinblue, e as redes sociais de Meta: Facebook, Instagram e WhatsApp) para mellorar as nosas campañas publicitarias nesas plataformas, analizando o comportamento dos usuarios da web e compartíndoo con elas. Por exemplo, cando un usuario da web merca un produto da tenda online, esa venda pode quedar rexistrada e asociada a ese email tamén en Brevo e/ou Meta. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.