Durante o mes de agosto, a pequena parroquia de Castelo convértese nunha festa chea de comedia, música e espectáculos. Unha semana na que a aldea enteira vólcase coa organización dun dos festivais máis singulares do país.
Un festival onde a escena nace da festa
O Castelo Conta leva máis dunha década demostrando que as artes escénicas tamén poden medrar desde unha pequena parroquia do rural. Humor, teatro, narración oral e creación para a infancia son parte dun festival que entende a escena como unha ferramenta para construír comunidade.









