Do 15 ao 23 de xullo, a Mostra reúne novas voces escénicas e artistas consolidados
A MIT de Ribadavia presenta a programación da súa 40ª edición
Coñecemos os espectáculos e actividades da Mostra, que terá lugar do 19 a 27 de xullo
Do 15 ao 23 de xullo, a Mostra reúne novas voces escénicas e artistas consolidados
A Mostra aposta polos Premios Revelación e as novas voces escénicas do panorama estatal cun intenso programa composto por artistas consolidados e valores emerxentes.
Os espectáculos da arxentina Marina Otero e do clown galego Roi Borrallas protagonizan a xornada inaugural na que tamén se fará entrega do Premio de Honra ao xornalista Luís Álvarez Pousa e ao director de escena Eduardo Alonso.
A MIT deste ano está centrada na memoria, ne celebración e no humor, cunha vocación de exploración e innovación cun programa amplo no que destaca a presenza de varios Premios Max, como a actriz Alessandra García ou a nova compañía Mujer en Obras. A Mosta ofrecerá espectáculos que atesouran o Premio de Novas Voces da Crítica, como Las Huecas ou o Premio Xuventude Crea, como no caso da galega Vórtice Escénico.
Esta edición trae a Ribadavia espectáculos novidosos e sorprendentes na súa composición, como If, la ligereza, da Compañía del Sr. Smith, onde o público vota entre unha serie de vidas alternativas dos personaxes, para elixir cal quere ver representada. Un dos espectáculos máis refrescantes do ano e que se estrea en Galicia, como a maioría dos espectáculos do programa, coa oportunidade única de gozar deles en entornos de gran beleza patrimonial.
As entradas e abonos para todos os espectáculos están á venda na Oficina da MIT, na Casa da Cultura de Ribadavia, na web da MIT ou a través de Ataquilla.
Nove días de teatro con ampla presenza galega
Na xornada inaugural, logo da entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas e Fuck Me, da arxentina Marina Otero, o pallaso Roi Borrallas ofrecerá o seu Solo, un espectáculo no que persoa e personaxe desdebúxanse nun limbo entre o escenario e a realidade.
A Panadaría volve un ano máis á MIT con As que limpan, obra gañadora de catro premios María Casares que fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. A compañía tamén ofrecerá a derradeira función de Elisa e Marcela, logo de máis de 250 pases desde a súa estrea en 2017. Pola súa banda, Talía Teatro estará presente coa súa Parábola do angazo, protagonizada por Toño Casais e Artur Trillo.
A danza galega tamén estará presente con Alleo, do Colectivo Glovo, un espectáculo baseado na idea da atalaia que parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeña o papel de vixiante. Elahood presenta a súa Intempestiva, inspirada na obra e na figura de Xela Arias; un espectáculo de danza para rúa e espazos non convencionais con coreografía e interpretación de Julia Laport e Sabela Domínguez e Gena Baamonde na dramaturxia.
Pola súa banda, Matarile Teatro estará con Fráxil. Handle with care, no que mesturan conversa, paseo, música, baile… e na que o público é tamén parte fundamental do espectáculo. Bala Perdida ofrecerá na sesión golfa do día 22 Lerele, un espectáculo de cabaré que conta a historia dunha nena que sinte a súa vida transformarse cando ve na televisión a Lola Flores no programa de Fin de Ano de 1982.
No último día, o público poderá ver Asfixia -gañadora do Premio Abrente en 2019-, de Vórtice Escénico, é unha mirada ás dualidades en conflito: o individuo fronte a masa, o inconformismo contra o conformismo, o diferente contra a homoxeneidade e a permanencia fronte a ausencia. A continuación, o peche da MIT correrá a cargo de Producións Excéntricas co seu Auto do Castromil, un espectáculo dirixido por Quico Cadaval que acontece nunha viaxe onírica abordo dun autobús no que as maletas cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia a través de autos populares e farsas de Manuel María.
Coñecemos os espectáculos e actividades da Mostra, que terá lugar do 19 a 27 de xullo
A Mostra 2024 celebrarase do 19 ao 27 de xullo e contará co colectivo Desgarradura e con ‘IRIBARNE’, entre outros espectáculos.