O Festival de Almada, que celebrou este ano a súa 39ª edición, é un dos máis importantes e singulares de Portugal. A revista Táboas estivo convidada pola organización para coñecer de preto o labor que a Companhía de Teatro de Almada, organizadora do festival, leva a cabo.
Na primeira quincena de xullo celébrase en Almada, un pequeno municipio do distrito de Setúbal, en Lisboa, un festival moi singular no que o teatro posúe toda a vila e aos seus habitantes. A un ano de facer os 40, o Festival de Almada convidou a Táboas para poder ver dende dentro como se desenvolve un dos máis antigos e singulares festivais teatrais de Portugal, que naceu do empeño dos seus veciños e manter o teatro como sinal de identidade de Almada.
O Teatro Municipal Joaquim Benite, sede da Companhía e unha das sedes do festival é un singular edificio azul, cunha dotación excepcional para o teatro. Puidemos comprobar de primeira man o equipamento e disposición das dúas salas e do resto das instalacións compostas por salas de exposicións, área administrativa, salas de ensaio e espazos escénicos secundarios no restaurante.
Mais a sede “real” do festival é a explanada da Escola D. António da Costa, punto de encontro de público, veciños, compañías, xornalistas e críticos. Alí todos os seráns teñen lugar os xantares con concertos mentres non se pon o sol e pode comezar o espectáculo do Palco Grande; un gran escenario ao aire libre instalado ao carón do Teatro Joaquim Benite. Ademais, na propia escola instálanse diversas exposicións, destacando este ano a dedicada ao escenógrafo José Manuel Castanheira.
Almada realmente é a Festa do Teatro (así se denominou nas primeiras edicións dos anos 80). É un lugar para desfrutar do teatro en sentido amplo, para o intercambio de ideas e unha oportunidade de ver espectáculos dificilmente accesibles doutra forma para o público portugués e galego.
Nestes días puidemos ver monólogos experimentais, teatro do absurdo, teatro do movemento… e mesmo un Shakespeare. Propostas moi diversas integradas de xeito natural nun programa intenso de dúas semanas con máis de dúas obras diarias de compañías portuguesas e internacionais. O Festival de Almada é un exemplo de como achegar o teatro aos veciños e atraer públicos diversos, fidelizando durante case 40 anos varias xeracións de almadenses.
O modelo do Festival de Almada é un exemplo de implicación cidadá e de colaboración con institucións e compañías participantes. É unha festa, si, mais unha festa que integra a didáctica e a crítica dun xeito natural, no que é doado observar na explanada conversas entre veciños e directores de escena chegados de toda Europa, no que é doado xantar con actrices, músicos, iluminadores e no que non falta, como non podía ser doutro xeito, a sopa e o bacallau no menú. Volveremos a Almada, por todos estes motivos mais tamén polo puro pracer de gozar do teatro e chegar en barco desde Lisboa co sol atlántico batendo na proa.
Formeime en humanidades, aprendín deseño e fotografía e agora dedícome a escribir e desenvolver proxectos audiovisuais e de artes escénicas. A pía de libros por ler sempre é máis grande que a de libros lidos.
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Cookies técnicas
As cookies técnicas son imprescindibles para o funcionamento da web, serven entre outras cousas para saber en que idioma prefires ver a páxina ou se permitiches ou bloqueaches as cookies de terceiros.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de análise
Empregamos cookies de terceiros (Google Analytics) para medir e analizar estatisticamente o tráfico da web: as páxinas máis visitadas, a procedencia dos visitantes, etc. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.
Nomes das cookies de Google Analytics: _ga, _ga_<container_id>
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Cookies de publicidade
Empregamos cookies de terceiros (o servizo de newsletter Brevo, antes chamado Sendinblue, e as redes sociais de Meta: Facebook, Instagram e WhatsApp) para mellorar as nosas campañas publicitarias nesas plataformas, analizando o comportamento dos usuarios da web e compartíndoo con elas. Por exemplo, cando un usuario da web merca un produto da tenda online, esa venda pode quedar rexistrada e asociada a ese email tamén en Brevo e/ou Meta. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.