Remata o 2024 e facemos balance do que foron estes 12 meses nas artes escénicas galegas. Estreas, entrevistas, festivais, novas compañías, consolidación de propostas, récords de público…
Neste ano que estamos a piques de despedir, sacamos dous novos números en papel e continuamos contando o que ocorre sobre as táboas galegas coa curiosidade e a mirada de quen senta na butaca por vez primeira para somerxerse nos mundos e historias que constrúen para nós; o público.
Un ano dá para moito, e un ano contando o que acontece nos escenarios do noso país é difícil de resumir nun texto como este, pero imos intentalo igualmente.
A historia dos teatros que xa non existen foi o gran éxito entre os lectores de Táboas.
Unha teima nosa foi a de construír unha base lectora mediante o Entre Táboas —ao que podes suscribirte de xeito gratuíto aquí—, no cal comezamos a publicar avances dos contidos da revista en papel, entrevistas, crónicas e textos nos que exploramos, en forma de listas, curiosidades e anécdotas do teatro galego. Nestes textos, coñecimos onde lles gusta comeraos equipos técnicos e artísticos cando están de xira por Galicia, cal foi o debut dalgúns dos grandes talentos das nosas táboas, descubrimos algunhaspelículas que naceron dun espectáculo teatral, indagamos nos primeiros grandes éxitos do teatro galego, fomos a lugares pouco convencionais para facer teatro e tamén soubemos de 10 teatros galegos que xa non existen. Este último, foi o contido máis lido e compartido neste 2024, o que nos trouxo tanta alegría como nostalxia deixaron os teatros que xa nunca poderemos visitar.
Miguel de Lira nun momento da entrevista para o número 5 de Táboas. Foto: Aigi Boga
Este 2024 quixemos seguir contando de preto e na voz dos protagonistas as novidades do teatro galego, mais non só. As nosas entrevistas procuraron non centrar todo o contido na actualidade, senón ir máis aló, comprender as traxectoiras, as motivacións, as expectativas e, dalgún xeito, coñecer mellor a creadoras e intérpretes sen necesidade de que a novidade fíe as conversas.
No ano que comeza, queremos seguir vivindo e contando o noso teatro, sumaremos dous novos números en papel á colección de Táboas —este ano sacamos o número 4 e o número 5— que podes mercar aquí; e queremos tamén chegar a máis xente cada día.
O noso desexo é simple: seguir sendo felices no mellor lugar do mundo; o teatro.
A adaptación teatral do clásico de Xosé Neira Vilas, dirixida por Cándido Pazó, estreouse no Salón Teatro de Santiago cunha nova mirada sobre a memoria colectiva do rural galego.
O ano arrinca cunha programación escénica diversa e activa en todo o país. Teatro, danza, circo e propostas familiares volven ocupar as táboas desde os primeiros días de xaneiro.
As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.
Cookies técnicas
As cookies técnicas son imprescindibles para o funcionamento da web, serven entre outras cousas para saber en que idioma prefires ver a páxina ou se permitiches ou bloqueaches as cookies de terceiros.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de análise
Empregamos cookies de terceiros (Google Analytics) para medir e analizar estatisticamente o tráfico da web: as páxinas máis visitadas, a procedencia dos visitantes, etc. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.
Nomes das cookies de Google Analytics: _ga, _ga_<container_id>
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Cookies de publicidade
Empregamos cookies de terceiros (o servizo de newsletter Brevo, antes chamado Sendinblue, e as redes sociais de Meta: Facebook, Instagram e WhatsApp) para mellorar as nosas campañas publicitarias nesas plataformas, analizando o comportamento dos usuarios da web e compartíndoo con elas. Por exemplo, cando un usuario da web merca un produto da tenda online, esa venda pode quedar rexistrada e asociada a ese email tamén en Brevo e/ou Meta. A información que xestionan estas cookies pode incluír ou estar asociada a datos persoais como o nome ou correo electrónico.